1. As dorsais orixínanse pola separación de dúas placas tectónicas . Cando isto ocorre a codia fractúrase e o magma ascende formando nova codia. Ocorre no océano xerando unha especie de cordilleiras de gran distancia baixo o mar.
As zonas de subdución son aquelas zonas nas que se dá un choque entre dúas placas tectónicas, meténdose unha por debaixo da outra, a partir deste choque tamén se poden formar oróxenos.
Unha falla transformante é o borde de desprazamento lateral dunha placa respecto a outra.
2. No leste de África sitúase un rift, ou sexa unha zona na que dúas placas contiguas se separan, neste caso a placa africana divídese en outras dúas, a placa somalí e a placa nubia. Aparecendo así unha enorme greta de uns 3.000km , o que dará lugar nun período duns 10 millóns de anos á separación da placa somalí de África e a formación dunha conca oceánica.
No Mediterráneo evapóranse grandes cantidades de auga, polo que se mantén grazas a auga que lle chega dende o Atlántico polo Estreito de Xibraltar. Se a placa africana e a euroasiática se aproximaran ata chocar pecharían ese paso de auga, a longo prazo isto faría que o Mediterráneo rematara secando.
En California atópase a Falla de San Andrés, ocasionada por dúas placas, a pacífica e a norteamericana, que se moven lateralmente con direccións opostas. A parte norte e media da falla rompéronse hai anos, pero o que preocupa é a zona sur de esta, onde tería que haber un terremoto cada 150 anos, pero hai 300 que non hai polo que a tensión segue acumulándose, o que provocará un terremoto moito máis grande e que California se separe formando unha illa.
3. Os montes Urais forman unha das cordilleiras máis antigas do planeta, a súa idade estímase entre os 250 e 300 millóns de anos. Comezouse a formar durante finais do Carbonífero e o Pérmico a partir de movementos de colisión que provocaron que a codia chocara entre si ata que se levantou e formou as montañas. Debido a súa antigüidade observase unha gran erosión polas condicións climáticas do xeo, o desxeo, os ventos, as precipitacións, etc. Por isto os seus picos están desgastados e non teñen unha gran altitude.
4. A crioclastia é o proceso de fragmentación das rochas debido as tensións producidas ao conxelarse a auga contida nas súas gretas, fracturas e poros.
5. Os lahares son fluídos compostos por sedimentos volcánicos e unha gran cantidade de auga. Pódense provocar pola saturación de auga nos macizos volcánicos xa sexa por precipitacións ou desxeo, provocando o arrastre de materiais, polo que poden ocorrer aínda que o volcán non estea en erupción. Ou sexa, os lahares son avalanchas de produtos volcánicos que ao ser un fluxo busca os cauces dos ríos para continuar o seu percorrido. Poden ser fríos ou quentes dependendo das condicións volcánicas e do material que arrastren. Son moi destrutivos debido a gran velocidade que alcanzan e a súa alta densidade.
6. A oxidación é a reación química a partir da cal un átomo cede electróns aumentando o seu estado de oxidación. O axente químico responsable da oxidación é un axente oxidante, que é un elemento químico que capta os electróns aumentando a súa carga negativa, ou sexa, é reducido. Xeralmente é o osíxeno.
As disolucións son a erosión química que se produce nas rocas solubles, o responsable é un axente disolvente, a auga.
A carbonatación é unha reacción química na que o hidróxido de calcio reacciona co dióxido de carbono e forma carbonato cálcico insoluble, polo tanto o axente químico é o dióxido de carbono.
A hidrólise é unha reacción química da auga cunha sustancia. O axente químico polo tanto é a auga pero dividida nun ión hidroxilo OH- e un ión H+.
Ningún comentario:
Publicar un comentario