venres, 26 de marzo de 2021

Cuestionario U4: A xeosfera (2ª parte)

 1. A enerxía xeotérmica é aquela que se obtén do calor interno da Terra, pódese obter das rocas ou de auga hidrotermal. Actualmente en España aínda supón unha pequena parte da produción total e non temos rexistros dela a grandes profundidades. Obtense empregando colectores enterrados que extraen calor da terra e cunha bomba de calor se transporta á casa ou edificio. As zonas con potencial xeotérmico son Galicia, o Sistema Central, o noroeste de Castela e León, Cataluña, Andalucía e Canarias, que é a comunidade que mellor cumpre cas características necesarias. A empresa líder en isto no noso país é Geoter con máis de de 14.000 kW instalados e máis de 120.000 metros perforados. 

                                         Gran Canaria encarga a Involcán que estudie su potencial ...

2. 

  • Terremoto de Chile: É o máis forte rexistrado, aconteceu o 22 de maio de 1960. Deixou varias cidades destruídas cunha intensidade de 9.5 na escala de Ritcher. A este terremoto seguiuno un tsunami que onde as augas do Río Calle Calle chegaron ata a cidade de Valdivia asolagándoa. 
  • Terremoto de Alaska: Tivo lugar o 28 de marzo de 1964 na zona centro sur de Alaska cunha magnitude de 9.2 na escala de Ritcher. a cidade máis afectada foi Anchorage. Este tamén viu acompañado de un tsunami grande e 20 pequenos, a ola máis alta alcanzou os 67 metros.
  • Terremoto de Sumatra: Ocorreu o 26 de decembro de 2004 na costa oeste de Sumatra do Norte, cunha intensidade de 9.1 na escala de Ritcher. Logo del viu un tsunami que afectou as costas do océano índico, especialmente Indonesia, India e Siri Lanka. A cifra de mortos e desaparecidos foi de 230 mil persoas.
  • Terremoto de Xapón: Tivo lugar no 2011 afectando a costa de Honschu, a 212 km de Tokio. Foi de magnitude 9 na escala de Ritcher con epicentro no mar. Posteriormente ocorreu un tsunami con olas de 10 metros, que causaron a maioría de mortes e danos, danando incluso a central nuclear de Fukushima, filtrando material radioactivo. 
  • Terremoto de Kamchatka: Ocorreu o 4 de novembro de 1952 en Kamchatka, Rusia, con magnitude 9 na escala de Ritcher. Viu seguido dun tsunami que afectou a esa zona e a outros lugares como Hawaii, California, Alaska, Chile e Nova Zelanda. 

                                         A 525 asciende la cifra de muertos por sismo en Ecuador ...

3. Os principais riscos dos volcáns son os fluxos de lava, os lahares que se forman, as cinzas que saen e supoñen un risco principalmente para a aviación e os gases nocivos que emite, xerando así tamén contaminación atmosférica e cambio climático. Tamén podemos velos como un recurso natural. As erupcións volcánicas levan á superficie minerais, principalmente de tipo metálico, e pedras preciosas como o zafiro, o rubí e os diamantes. Ademais o vapor que emiten pode ser empregado como fonte de enerxía xeotérmica para producir enerxía eléctrica.

   Volcan de Fuego (Colima) - 2020 What to Know Before You Go ... Photographic prints and image files of the Lahar Path ...

4. Unhas das maiores inundacións ocorridas foi debido ao desbordamento do Amazonas no 1953, provocado por fortes diluvios, que causaron o fluxo de 370.000 metros cúbicos de auga por segundo. Foi responsable do 20% da descarga de auga doce do planeta nos océanos. 

                                      Las 5 inundaciones más grandes de la historia - Info ...

Un exemplo de fluxo de lodo foi o acontecido en Sidoarjo, Indonesia. Comezou no 2006 e espérase que continúe durante os próximos 25-30 anos dende que comezou, aínda que o fluxo foi contido por diques dende 2008 seguen a haber inundacións ocasionalmente que interrompen as carreteiras e aldeas. No seu máximo punto arroxou 180.000 metros cúbicos de lodo por día.

                                           Flujos fangosos en Indonesia

Un desprendemento de terra, pedras e lodo foi o que aconteceu no suroeste de China, deixando sepultado todo un pobo. Ocorreu en xuño de 2017 na aldea Xunmo, pertencente á provincia de Sichuan, debido as fortes choivas deixando numerosas casas destruídas e persoas mortas.

                                        Desprendimiento de tierra sepultó aldea en China dejando ...

6. Os riscos da enerxía nuclear son a radiación, que pode causar feridas, alteracións xenéticas, cancro e malformación nos fetos; o perigo e a dificultade de almacenar a basura nuclear; pode supor o comezo dunha guerra nuclear con armamento atómico. En Chernobil tivo lugar o peor accidente nuclear da historia. Ocorreu o 25 e 26 de abril de 1986 na central de Vladímir Ilich Lenin, no norte de Ucrania. O 25, como era habitual, había programado un mantemento de rutina dun dos reactores nucleares. Os traballadores incumpriron o protocolo de seguridade, polo que explotou o núcleo expulsando material radioactivo. A pesar da morte de dous empregados na explosión e da hospitalización de outros traballadores e bombeiros non se evacuaron as zonas próximas á central. Nun primeiro momento negaron o accidente, pero remataron admitíndoo o 28 de abril e evacuando a 335.000 persoas e se determinou unha zona de exclusión 30km arredor do reactor. Nos anos posteriores máis de 6.000 nenos e xóvenes padeceron cancro de tiroides. Na fauna e flora tamén tivo un gran impacto, unha zona cercana recibiu o nome de "Bosque Vermello" posto que as árbores colleran un ton vermello debido á radiación ata que logo morreron. Agora, pasados 30 anos dende que ocorreu, afírmase que a zona non será habitable ata dentro de polo menos 20.000 anos. Os restos do reactor atópanse dentro dunha estrutura de aceiro fabricada no 2016 e as labores de limpeza continuarán ata o 2065.

   El primer sarcófago de Chernobyl: así de mal estaba la ... Three decades after nuclear disaster, Chernobyl goes solar

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cuestionario U4: A xeosfera (2ª parte)

 1. A enerxía xeotérmica é aquela que se obtén do calor interno da Terra, pódese obter das rocas ou de auga hidrotermal. Actualmente en Espa...