Para ir metendonos en materia hai que comezar falando de qué son os virus. Os virus son axentes de tipo infeccioso que se atopan nas células dos seres vivos. Son parásitos obrigados, o que quere dicir que só poden sobrevivir parasitando un organismo. Posto que non teñen metabolismo propio e precisan dos ribosomas dos seres vivos para poder reproducirse. Unha vez que os parasitan aliméntanse das súas células e reprodúcense con gran rapidez. Algúns son inofensivos, máis a maioría causan graves enfermidades coma o SIDA. As células atacadas denomínanse hóspedes e as bacterias fan que estas fagan réplicas delas. Poden parasitar calqueira organismo. Depende da parte á que afecten denomínanse de distinta forma, como por exemplo: dermatrópicos (texidos), pneumotrópicos (pulmóns), neurotrópicos (sistema inmunolóxico)... Hoxe en día prevense e erradícanse con vacinas, que estimulan a produción de anticorpos. Algunhas das enfermidades máis comúns causadas por eles son: o zika, o sarampión e o dengue.
Que son os coronavirus?
Son unha extensa familia de virus que poden causar enfermidades tanto en animais como en humanos. Nos humanos sábese que varios coronavirus causan infeccións respiratorias que poden ir dende o resfriado común ata enfermidades máis graves como o síndrome respiratorio de Oriente Medio (MERS) e o síndrome respiratorio agudo severo (SRAS). Foron descritos por primeira vez na década dos 60, no século pasado. Dende entón atopáronse sete tipos de coronavirus [229E, OC43, SARS-CoV, NL63, HKU1, MERS-CoV E O SARS-CoV-2 (actual COVID-19)].Deuselle ese nome pola súa apariencia, semella que está coronado cun anel de estruturas redondeadas..Que é o COVID-19?
É a enfermidade infecciosa causada polo coronavirus, xa mencionado. Era un virus decoñecido ata que estalou un brote en Wuhan (China) en decembro de 2019. Actualmente orixinou unha pandemia que afecta a moitos países.
Cales son os seus síntomas?
Os síntomas máis habituais do covid son a febre, a tos seca e o cansancio. Outros síntomas menos frecuentes que afectan a algúns pacientes son as dores e molestias, conxestión nasal, dor de cabeza, conxuntivitis, dor de garganta, diarrea, pérdida de gusto e olfacto e erupcións cutáneas ou cambios de cor nos dedos das mans ou dos pés. Estes síntomas soen ser leves e comezan gradualmente. Algunhas persoas ni se quera os presentan, o que chamamos asintomáticos.
A maioría das persoas (a redor do 80%) recupéranse da enfermidade sen necesidade de tratamento hospitalario. Ao redor de 1 de cada 5 persoas que contrae o COVID-19 presenta un cuadro grave e experimenta dificultades para respirar. As persoas maiores e as que padecen afeccións médicas previas coma hipertensión arterial, problemas cardiacos ou pulmunares, diabetes ou cancro teñen máis posibilidades de presentar cuadros graves. Aínda que calquera pode contraer o coronavirus e padecer síntomas graves. As persoas de calquera idade que teñan febre ou tos e ademáis respiren con dificultade, sentan dor ou opresión no peito ou teñan grandes dificultades para falar ou moverse deben solicitar atención médica inmediatamente. Polo tanto, se é unha persoa saudable que só presenta síntomas leves en principio non é preciso que vaia ao médico. Pero si que informe, realice a PCR e, no caso de ser positivo porse en corentena el e todas as persoas cas que mantivera contacto.
Como se propaga?
A enfermidade propágase principalmente de persoa a persoa a través das gotas que saen do nariz ou da boca dunha persoa infectada ao toser, estornudar ou falar. Infectarase se estas gotas chegan ás mucosas (ollos, nariz ou boca). Aínda que son relativamente pesada e caen rapidamente ao chan. Polo que é importante manterse cando menos a un metro de distancia uns de outros. Estas gotas tamén poden caer sobre obxectos e superficies como mesas, pomos ou barandillas, de xeito que tamén nos podemos infectar se tocamos isto e logo levamos as mans ás zonas xa mencionadas. Por iso é crucial desinfectarse as mans frecuentemente.
Como se prevén?
- Limpar ben as mans e con frecuencia, empregando un desinfectante a base de alcol ou auga e xabón, xa que isto mata os virus que podamos ter nelas.
- Manter unha distancia mínima, xa que canto máis preto estemos máis probable é que as gotas que expulse nos infecten.
- Evitar ir a lugares concurridos, xa que se hai aglomeracións é máis posible estar en contacto cun positivo.
- Evitar tocar, os ollos, nariz e boca e ter manter unha boa hixiene respiratoria, como por o cóbada para estornudar ou tusir.
- Empregar sempre que se saia á rúa ou vaiamos estar en contacto con outras persoas a mascarilla.
- Aillarse se se presenta algún síntoma e, no caso de que sea necesario acudir ao médico facelo seguindo as indicacións dun doutor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario