1. O ciclo da auga mantén a temperatura do clima de dous xeitos:
- O vapor de auga é un gas con efecto invernadoiro (aumenta a temperatura).
- Condiciona a cantidade de xeo e neve, responsables do albedo (reduce a temperatura). Xa que cando está neste estado, o branco reflexa a luz e non absorbe o calor.
O que mantén o ciclo da auga no tempo son os distintos procesos polos que pasa e a enerxía do sol e a gravidade que os provoca. Os procesos son a evaporación, a condensación, as precipitacións,as infiltracións, a escorrenta superficial, a circulación subterránea e a fusión.
2. O gradiente térmico é a variación da temperatura por unidade de distancia. Provoca unha transferencia de calor dende un corpo a outro. No caso da atmosfera refírese á distancia que temos que subir nesta para que a temperatura diminúa un grao. Ou tamén poden medirse os graos que aumenta por cada quilómetro de altura. Isto inflúe nos movementos do aire e da auga:
- Movementos verticais:
- Atmosfera: O aire móvese dende abaixo cara arriba. Canta máis altura o aire é mais frío e denso, polo que baixa e se quenta, o aire superficial é máis cálido e menos denso polo que sube e arrefríase outra vez.
- Hidrosfera: A auga móvese dende arriba cara abaixo. A auga superficial descende cando está máis fría que a do fondo e fai que a auga profunda se eleve.
- Movementos horizontais:
- Atmosfera e hidrosfera: O movemento do vento e das correntes débese ás diferenzas de temperatura horizontais debido ao quentamento desigual da superficie terrestre segundo á insolación. Hai circulación horizontal do vento e de correntes oceánicas que transportan calor e amortecen as diferenzas térmicas. A presenza de masas continentais condiciona este fluxo desviando tanto ventos como correntes.
3. A atmosfera é a capa de gases que rodea un corpo celeste (como a Terra), son atraídos cara este pola forza de gravidade e protéxeno da radiación solar ultravioleta, controlan a temperatura e evitan o impacto de meteoritos. A atmosfera da Terra non sempre foi igual, é o resultado dun proceso que durou millóns de anos. Inicialmente estaba composta por hidróxeno e helio. Despois o planeta foi "bombardeado" por unha gran cantidade de meteoritos o cal provocou unha gran actividade tectónica e volcánica. Os gases liberados de esta actividade formaron a atmosfera secundaria, que contén dióxido de carbono, vapor de auga, nitróxeno e gases sulfurosos. Logo as cousas calmáronse e apareceu a choiva. pénsase que por estas choivas constantes formáronse os océanos, inicialmente ricos en ácido carbónico. Co tempo este ácido acabou precipitando dando lugar ás rocas carbonatadas, deste xeito o dióxido de carbono foi desaparecendo da atmosfera para sedimentarse nas profundidades mariñas. Logo foi a vida a que foi cambiando a atmosfera, coa aparición das bacterias fotosintéticas que comezaron a liberar osíxeno hai uns 3.500 millóns de anos. Con isto desenvolveuse a vida mariña e logo apareceron os grandes organismos como os animais. Isto deu lugar á atmosfera actual, formada por 78% de nitróxeno, 21% de osíxeno e outros gases creados. Ademais de gran cantidade de vapor de auga.
4. A atmosfera divídese en distintas capas segundo a variación de temperatura formando así unha escala chamada gradiente térmico atmosférico. A relación entre a altura e a temperatura é diferente en cada capa.Tamén hai diferenzas nos gases de cada unha, o que fai que teña unha estrutura complexa
- Troposfera: Capa máis baixa onde ocorren a maioría de fenómenos meteorolóxicos. A súa temperatura diminúe ca altura, a mínima é de -50°C. Contén a maioría do aire do planeta.
- Estratosfera: A medida que se sube en altura a súa temperatura aumenta debido aos raios ultra violetas, polo que a temperatura elévase ata uns -3°C. Contén un 19% dos gases da atmosfera pero moi pouco vapor de auga.
- Mesosfera: É a zona máis fría da atmosfera, pode alcanzar os -80°C. Contén grosos gases que frean o impacto dos meteoritos.
- Termosfera: A temperatura aumenta ca latitude, podendo chegar a 1.500°C.
- Exosfera: É a ultima capa, polo tanto a máis próxima ao espazo. Alí o aire é moi pouco denso, polo que as partículas non transmitirían calor. Pódese dicir que a temperatura alí é cálida polo rápido movemento dos átomos. Mais nós non o percibiriamos así, xa que percibimos o calor ao chocar as partículas contra nós e transferírnos enerxía térmica, como alí hai tan poucas sentiriamos frío.
5. A convección é o transporte de calor entre zonas con diferente temperatura mediante o movemento de materia. O aumento da temperatura produce unha redución da densidade, o que provoca un movemento de fluídos debido a presións e forzas cando os fluídos de diferentes densidades vénse afectados pola gravidade.
6.
- Anticiclón: Zona atmosférica onde a presión é superior que nas áreas circundantes. Produce bo tempo, ceos despexados e ocasionalmente néboa.
- Borrasca: Zona atmosférica onde a presión é inferior que nas áreas circundantes. Produce fortes ventos e abundantes precipitacións.
7. O relevo inflúe de distintos xeitos na circulación do aire. Por exemplo a variación de temperatura segundo a altitude. Tamén se producirían chuvias orográficas. Estas son producidas polo ascenso de aire húmido ao atoparse un obstáculo, como unha montaña. Ao ascender arrefríase ata chegar a o punto máximo de condensación e dar lugar as precipitacións e á aparición de nubes nese lado da montaña. Cando isto ocorre existe un forte contraste climático entre ambas ladeiras (Efecto Foehn), xa que no outro lado está despexado e a temperatura aumenta debido ao aire xa seco e cálido que descende rapidamente pola ladeira. Un exemplo son os Pirineos. O aire húmido que provén de España e do sur arrefríase provocando fortes chuvias na ladeira de España. Na cima da cordilleira prodúcense fortes ventos e descende. Agora este aire está seco e vai quentándose a medida que vai baixando pola outra ladeira. O efecto Coriolis fai que o aire xire nos hemisferios no sentido das agullas do reloxo ou ao revés por mor da rotación da Terra. A diferente insolación fai que nas zonas ecuatoriais o aire se quente moito e nas polares arrefría moito.