xoves, 21 de xaneiro de 2021

Informe 2

 

𝔸 ℂℍ𝕆𝕀𝕍𝔸 Áℂ𝕀𝔻𝔸

A choiva ácida é unha das consecuencias da contaminación atmosférica. O concepto de choiva ácida engloba calquera forma de precipitación que presente elevadas concentracións de ácida sulfúrico e nítrico. Tamén pode mostrarse en forma de neve, néboa e partículas de material seco que se pousan sobre a Terra. Os gases procedentes da queima de combustibles reaccionan co osíxeno do aire e o vapor de auga, transformándose en ácidos que se depositan na superficie terrestre a través das precipitacións. Isto ten efectos devastadores sobre os ecosistemas e supón un grave perigo para os seres vivos.

As erupcións volcánicas, os terremotos, os incendios naturais, os lóstregos e algúns procesos microbianos liberan dióxido de xofre e óxidos de nitróxeno á atmosfera. Con todo, a acción humana é a maior causante das emisións de dióxido de xofre, como consecuencia da queima de combustibles fósiles nas industrias e centrais enerxéticas, e de óxidos de nitróxeno debido aos gases producidos polos vehículos. E, en menor medida, as explotacións gandeiras intensivas producen amoníaco a partir da descomposición da materia orgánica. Estes tres contaminantes oxídanse en contacto ca atmosfera e dan lugar á formación de ácido sulfúrico e ácido nítrico. Estes ácidos disólvense nas gotas de auga das nubes e caen á superficie terrestre mediante a denominada choiva ácida.

                                            ¿Qué es la lluvia ácida?

Ten moitas consecuencias nocivas para o entorno, mais o maior efecto teno sobre lagos, ríos, arroios, pantanos e outros medios acuáticos. Eleva o nivel ácido dos acuíferos, o que posibilita a absorción do aluminio que se transfire, a súa vez, dende as terras de labranza aos lagos e ríos. Esta combinación incrementa a toxicidade das augas para o cangrexos de río, mexillóns, peixes e outros animais acuáticos. Algunhas especies poden tolerar as augas ácidas mellor que outras (algúns animais non poden sobrevivir en pH demasiado ácidos). Con todo, nun ecosistema interconectado o que afecta a algunhas especies remata afectando a moitas outras a través da cadea alimentaria.

A choiva ácida tamén contamina selvas e bosques, especialmente os situados a maior altitude. Estas precipitacións rouban os nutrientes esenciais do chan, á vez que libera aluminio, o que dificultada a absorción da auga por parte das árbores, tamén dana as súas follas. Os efectos dela xunto con outros axentes agresivos para o medioambiente reduce a resistencia das árbores e plantas a baixas temperaturas, a acción de insectos e as enfermidades. Algunhas terras teñen maior capacidade que outras para neutralizar os ácidos. Naquelas áreas nas que esa capacidade amortiguadora é menor os efectos nocivos son significativamente maiores.

Non é prexudicial para os seres humanos, é dicir o contacto con ela non supón ningún risco. Porén, os gases que provoca esta chuvia (óxidos de nitróxeno e óxidos de xofre) si son nocivos. Estes gases, que conteñen partículas de sulfato e nitrato son transportadas polo vento e inhaladas polas persoas, pudendo provocarlles enfermidades respiratorias.

Como exemplo da acción desta choiva podemos citar o caso que lle aconteceu nos anos 80 a un grupo de nenos que ían en canoa por un lago de Canadá e atopáronse ca auga cor turquesa. Isto é pouco natural. Débese a que pola súa proximidade con industrias de níquel e cobre veuse moi afectado pola choiva ácida. Polo que morreron ou marcharon case todos os seres vivos acuáticos, como as pequenas algas que bloquearían que a luz cheque as profundidades, de ahi que teña esa cor. Como este existen moitos outros casos.

O único xeito de combater a chuvia ácida é reducir as emisións dos contaminantes que a orixinan, o que quere dicir, diminuír o consumo de combustibles fósiles. Moitos gobernos tentaron frear as emisións mediante a limpeza de chemineas industriais e a promoción de combustibles alternativos. Podemos previla tamén mediante o aforro de enerxía, canta menos electricidade se consuma nos fogares menos químicos emitirán as centrais. Tamén empregando o transporte público, as bicicletas ou camiñando, xa que os automóbiles consumen grandes cantidades de combustible fósil. De todos xeitos se puidéramos deter a chuvia ácida hoxe mesmo aínda terían que transcorrer moitos anos para que os efectos de esta desapareceran.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cuestionario U4: A xeosfera (2ª parte)

 1. A enerxía xeotérmica é aquela que se obtén do calor interno da Terra, pódese obter das rocas ou de auga hidrotermal. Actualmente en Espa...