martes, 26 de xaneiro de 2021

Informe 4

 

𝕄𝔸ℙ𝔸 𝕄𝔼𝕋𝔼𝕆ℝ𝕆𝕃Ó𝕏𝕀ℂ𝕆


Como podemos observar no mapa, gran parte de Europa atópase baixo a influencia dun anticiclón, con orixe en Inglaterra. A parte Este está baixo os efectos dunha borrasca co centro en Italia. Mentres que ao continente se aproxima outra borrasca dende o Noroeste.

Pola proximidade entre isóbaras sabemos que a zona de centroeuropa soportará fortes rachas de vento que xirarán en sentido antihorario xa que proceden dunha borrasca. En cambio na península ibérica a situación estará moito máis calmada, con ventos suaves e en sentido horario. No Atlántico os ve tos tamén serán suaves pero soprarán en sentido antihorario.

O sureste de Italia verase afectado por unha fronte fría con dirección Este. A cal se despraza nesta dirección ata atoparse cun fronte cálido deixando precipitacións sobre Grecia. Outra fronte fría chega polo norte de Inglaterra, aproximándose a un fronte cálido, os dous con dirección sureste. Cando a fronte fría se aproxime á masa de aire cálido provocará que o aire desta ascenda, condensándose, o que deixará intensas precipitacións pero de corta duración sobre o Reino Unido.

No oeste do océano Atlántico haberá tamén unha masa de aire frío por mor dos frontes fríos con dirección Este e tempo inestable, que provocará fortes choivas de pouca duración No norte hai un fronte cálido que deixará ceos cubertos e choivas suaves pero de longa duración. En España haberá bo tempo, estable e con ceos despexados.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cuestionario U4: A xeosfera (2ª parte)

 1. A enerxía xeotérmica é aquela que se obtén do calor interno da Terra, pódese obter das rocas ou de auga hidrotermal. Actualmente en Espa...