xoves, 21 de xaneiro de 2021

Informe 1

 

𝔼ℕ𝔼ℝ𝕏Í𝔸 𝕊𝕆𝕃𝔸ℝ 𝔼 𝔼Ó𝕃𝕀ℂ𝔸 𝔼ℕ 𝔾𝔸𝕃𝕀ℂ𝕀𝔸

Galicia está apostando polas enerxías renovables, alcanzando o 63% de electricidade xerada a través delas. No último ano rexistrou 7,1 millóns de Mwh procedentes de fontes naturais e limpas, dun total de 11,2 millóns de Mwh producidos. Segundo o último informe realizado pola Rede Eléctrica de España, Galicia se atopa na segunda posición de maior participación de produción renovable fronte ao total xerado polo país, con un 16,6%. Ademais compón o 13,9% da potencia renovable xerada sobre o total da produción, manténdose de novo como a segunda comunidade con maior porcentaxe.

Enerxía solar:

A enerxía solar é unha enerxía renovable obtida a partir da radiación electromagnética do sol. É renovable porque se obtén dunha fonte natural e inesgotable.

Pódese captar a través de células fotoeléctricas (conforman os paneis fotovoltaicos), helióstatos (espellos con movemento rotatorio que dirixen os raios cara una determinada dirección) ou colectores solares. Que posteriormente a transforman en enerxía solar térmica (a través da temperatura) ou enerxía solar fotovoltaica (a través da luz).                    

As enerxías renovables están crecendo considerablemente, especialmente a enerxía solar fotovoltaica. Tras a eliminación de obstáculos á enerxía solar que levou a cabo o Ministerio para a Transición Ecolóxica poderase autoconsumir enerxía por parte dos particulares nos seus fogares. Ademais da derogación do “imposto do sol” que se lle impoñía aos consumidores da enerxía xerada e consumida na súa propia instalación.

Galicia conta con, aproximadamente, 87 instalacións para autoconsumo fotovoltaico, situándose como a terceira comunidade autónoma con maior número de placas solares instaladas, despois de Cataluña e Andalucía. Isto, xunto ca baixada permanente de custos no sector fotovoltaico, permite que o emprego de placas solares estea ao alcance de todos.

Co fin de fomentar as enerxías renovables e, principalmente a enerxía solar fotovoltaica, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) estableceu unha serie de subvencións que poden ser complementarias con outro tipo de axudas ofrecidas polo Estado ou outras entidades públicas. As principais funcións do Inega son promover un uso racional da enerxía, diversificar as fontes enerxéticas e reducir a dependencia enerxética procedente do exterior. Estableceu unha bonificación máxima do 50% a instalacións fotovoltaicas, para subvencionar algúns conceptos como os paneis solares, o proceso de acondicionamento da enerxía eléctrica e monitorización, outros accesorios precisos para a instalación de placas solares e a man de obra.

Os prezos da instalación dos paneis é diferente segundo a comunidade. Xa que os custos varían segundo a zona xeográfica aínda que o prezo dos materiais se mantén. O resto de importes varía en función da enerxía consumida no fogar e a estrutura, é dicir, o número de células ou módulos necesarios. Nas diferentes provincias de Galicia o custo pode oscilar entre os 3.300 e os 6.300 euros (de 5 a 15 módulos). É rendible instalalas en Galicia? Aínda que dispón de menos horas de sol que outras comunidades españolas segue a ser rendible. Nos días nubrados ou chuviosos producen do 10% ao 25% da súa capacidade.

A seguinte gráfica mostra o Período Simple de Retorno da Inversión (en Lugo), é dicir, o número de anos que se tarda en recuperar a inversión realizada na instalación das placas. Neste caso tómanse uns valores anuais en torno aos 4.160 kWh e analízanse tres casos: Sin bonificación, bonificación do IBI do 50% durante 5 anos e bonificación do IBI do 25% durante 5 anos.



Polo tanto, sin bonificación tardaríase 11 anos en recuperar a inversión, ca bonificación do 25% seis anos e nove meses e ca bonificación do 50% en cinco anos e seis meses.









Enerxía eólica:

A enerxía eólica é un tipo de enerxía renovable que funciona grazas ao vento. A situación xeográfica de Galicia fai que estea en contacto directo co Océano Atlántico e polo tanto é un dos puntos da península onde as borrascas atlánticas golpean con máis forza. En inverno os ventos son de dirección suroeste, enerxéticos e suaves e no verán son suaves de dirección noroeste. Pola súa posición estratéxica converteuse nunha zona óptima para a instalación de parques eólicos.

Galicia conta con 158 parques eólicos (máis de 4.000 aeroxeneradores), o que a converte na segunda comunidade española cun maior número deles. Producindo así o 14,43% da produción total de enerxía eólica. As zonas cun maior número de parques eólicos (ventos máis enerxéticos) sitúanse no norte e a Terra Cha de Lugo, Costa da Morte, Deza, os límites de Ourense con Pontevedra e o sur de Ourense. No ano 2013 a facturación destes parques chegou a superar os 700 millóns de euros.  


Nos últimos anos a construción de parques na comunidade galega diminuíu significativamente debido a dúas razóns. A primeira é que a superficie é inferior que noutras comunidades, polo que os parques eólicos máis produtivos xa se están construídos nos mellores sitios. O segundo é un motivo económico lexislativo. Debido a crise do 2008 e a “Moratoria das Enerxías Renovables”, que creou inseguridade cara esta inversión.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cuestionario U4: A xeosfera (2ª parte)

 1. A enerxía xeotérmica é aquela que se obtén do calor interno da Terra, pódese obter das rocas ou de auga hidrotermal. Actualmente en Espa...