1.Dentro das placas solares hai as térmicas (quentan a auga) e as fotovoltaicas (xeran a electricidade).
As placas solares fotovoltaicas converten a enerxía solar en enerxía eléctrica, a través desta transformación obtense a enerxía fotovoltaica.
As placas solares están formadas por módulos e estes á súa vez por células fotovoltaicas. Estas son fabricadas con silicio, conteñen unha ou varias láminas de material semiconductor e están recubertas por un vidro transparente que deixa pasar a radiación solar e minimiza as perdas de calor.
A luz do sol incide nas células fotovoltaicas da placa, creando un campo de electricidade entre as capas. Así se xera un circuíto eléctrico. Canto máis intensa sexa a luz maior será o fluxo de electricidade. As células transforman a enerxía solar en forma de corrente continua. Esta pasa a un inversor solar que a converte en corrente alterna, que é a que empregamos para alimentar os dispositivos eléctricos. Por último entra na caixa de conexións da nosa vivenda e distribúese segundo a demanda de consumo. En caso de non ser suficiente para abastecer todo tomará a enerxía da rede eléctrica. Se hai excedentes pódense acumular en baterías para empregala cando se precise.
2. Os aeroxeneradores son a evolución dos muíños de vento e hoxe en día son aparatos de alta tecnoloxía. Producen electricidade aproveitando a enerxía natural do vento para impulsar un xerador. O vento é unha fonte de enerxía limpa, sostible e inesgotable. A transformación de enerxía cinética en eléctrica non produce emisións.
O vento pasa sobre as aspas do aeroxenerador, provocando unha forza xiratoria. As palas fan rodar un eixe que hai dentro da góndola, que entra a unha caixa de cambios. A caixa de cambios incrementa a velocidade de rotación do eixe provinte do rotor e impulsa o xerador, que emprega campos magnéticos para converter a enerxía rotacional enerxía eléctrica. A enerxía do xerador pasa por un transformador para adaptala ao voltaxe necesario. As redes de distribución eléctrica reparten a enerxía por todo o país.
3. Emisión é o feito de emitir algo ou o que é o mesmo; verter, arroxar ou votar algo cara fóra. Por exemplo a emisión de gases contaminantes por parte dos vehículos ou fábricas. Mentres que a inmisión é a agresión ambiental ou a concentración de contaminación nun lugar e momento concretos, que o alteran e a cal están expostos os seres vivos e materia. Polo tanto a inmisión é a concentración de contaminación creada ao emitir certos gases.
4. O óxido de nitróxeno é un contaminante primario que se forma de xeito natural. Desaparece da atmosfera reaccionando cos radicais OH, formando, entre outros compostos ozono.
O óxido de xofre mediante reaccións fotoquímicas no aire se transforma en trióxido de xofre, o cal se disolve nas partículas da auga transformándose en ácido sulfúrico. Logo ocorre a chuvia ácida, pasando a contaminación da atmosfera ao chan. Unha vez ahí elimínanse mediante a intervención de bacterias.
5. Smog provén da palabra inglesa smoke, equivalente a fume. Foi empleada para referirse á néboa gris ou roxiza que aparecía sobre as cidades os días de calor como consecuencia da contaminación. É un dos tipos de contaminación do aire máis importante. Orixínase mediante a combinación do aire con contaminantes durante un longo período de tempo a altas presións (anticiclón), o que provoca o estancamento do aire e que eses gases nocivos permanezan na troposfera. É unha mestura química de fume e néboa con concentracións elevadas de óxido de sulfuro e nitróxeno, hidrocarburos e partículas de pomo, manganeso, cobre, níquel, zinc e carbón.
6. Unha onda electromagnética está constituída por pequenas cargas de enerxía chamadas fotóns. Todos os sistemas biolóxicos vénse afectados por estas. O efecto que causa ven determinado pola intensidade do campo magnético e pola cantidade de enerxía que contén cada fotón. Poden alterar a temperatura dunha persoa ou animal. Aínda se está estudando se teñen efectos nocivos para a nosa saúde, aínda que en persoas máis sensibles a isto podería provocar insomnio, irritación, migrañas... Tamén se pensa que pode provocar mutacións xenéticas, algúns tipos de cáncros, a aparición doutras enfermidades graves, poden alterar o desenvolvemento dos ósos en nenos, ocasiona problemas de visión...
Ningún comentario:
Publicar un comentario