1. Diccionario da materia:
Empirismo: É unha corrente filosófica que defende que todo o coñecemento adquírese a través da experiencia.
Filosofia: A palabra está composta por dous vocablos: philos (amor) e logos (sabedoría), polo que significa amor á sabedoría, ao coñecemento e a querer saber máis. Os filósofos buscan saber sen un fin concreto, simplemente polo propio proceso de facelo e querer coñecer máis. Filosofear é tamén un acto natural do ser humano, querer saber o porqué das cousas.
Hipótese: É unha idea con certo grao de posibilidade de que funcione pero só se pode comprobar experimentando e probando así se é certa.
Teoría: Conxunto de ideas que serven para explicar a orde das cousas, por exemplo a teoría da orixe do Universo. Tamén se pode entender como os coñecementos especulativos, o que quere dicir que son ideas independentes á practica.
2. Cal foi a contribución de Galileo e de Descartes ao metodo?
Galileo foi o primeiro en empregar o método científico resolutivo-compositivo. O cal baseábase en catro pautas: a observación do obxecto de investigación, logo elabórase unha hipótese explicativa, sobre esta fanse deducións, e por último a experimentación onde se pon a proba se a hipótese funciona en tódolos casos.
Descartes comenzou a dudar sobre as cousas, en primeiro lugar sobre a existencia dun mundo exteriordescompor os problemas complexos en partes cada vez máis sencillas ata chegar aos elementos base.
3. Etapas do método científico:
- Observación
- Pregunta
- Elaborar unha hipótese
- Experimentar
- Resultados
- Conclusión
4. Exemplo de método científico:
Suspender física:
- Observación: A diferencia de outras clases nos exames de física saco 0.
- Pregunta: Como podo aprobar?
- Hipótese:
- Hipótese 1: Debería estar máis atenta na clase.
- Hipótese 2: Se só atendendo máis non consigo aprobar probarei a estudar máis os días antes.
- Hipótese 3: Se con todo non obteño unha boa nota terei que facer exercicios de repaso tódolos días.
- Experimentar: Levarei a cabo cada unha das hipóteses para observar en cal obteño mellores resultados .
- Resultados: Despois de telo experimentado observo os resultados e de que xeito mellorou máis a miña nota.
- Conclusión: Debido ao deficiente nivel que teño na materia non só podo atender, senón que ademais teño que estudar máis e facer exercicios que me axuden a comprender e repasar os contidos dados todos os días. Con isto podo acadar cando menos o 5.
Ningún comentario:
Publicar un comentario