martes, 10 de novembro de 2020

Actividade 5: Informe

 

É O PLANETA TERRA UN SISTEMA?


A Terra pode ser considerada un sistema xa que cumpre todos os requisitos necesarios, que son: estar definida por uns límites físicos, permitir (ou precisar) a entrada e saída de enerxía e materia e estar composta por diferentes elementos ou subsistemas que deben cooperar en conxunto, interrelacionándose entre si, para que o sistema funcione correctamente.




















Límites:

A Terra posúe uns límites máis ou menos definidos, xa que é unha liña “imaxinaria” que non podemos marcar con exactitude fisicamente. Esta liña onde acaba o noso planeta é coñecida como Liña de Kármán. Isto é un intento de definir o limite entre a atmosfera terrestre e o espacio exterior e esta situada a 100 km sobre o nivel medio do mar. Posto que a atmosfera non remata de xeito brusco, senón que se vai facendo máis delgada progresivamente, non todo o mundo define os limites aí, algúns científicos fan as súas aproximacións noutra altitude, por exemplo nos 80 km. Este límite tamén pode variar segundo a termosfera e a exosfera se consideren parte da atmosfera terrestre ou do espacio exterior. Neste caso ampliaríase esa “fronteira” ata os 10.000 km sobre o nivel do mar.


Entrada e saída:

A terra é un sistema aberto, polo tanto intercambia materia e enerxía co exterior.

O intercambio de enerxía é escaso. Capta corpos celestes, como son os cometas ou os asteroides, que pasan pola súa órbita e partículas de vento solar. E dela escapan moléculas lixeiras da atmosfera.

O intercambio de materia é moito máis importante. Intercámbiase a enerxía solar incidente; a reflectida (30% da incidente) e a enerxía térmica que volve ao espacio, que é procedente tanto da enerxía solar absorbida como da enerxía do calor interno da Terra. A fonte enerxética máis importante do planeta terra é o sol.


Subsistemas:

A terra componse de diversos elementos que se clasifican en catro subsistemas:

  • Hidrosfera: Capa de auga que rodea a Terra. Inclúe a auga da superficie, a que se encontra no interior e a que se atopa no aire como vapor de auga. Esta circula de uns lugares a outros cambiando o seu estado físico (pode atoparse líquida, sólida ou en vapor), dun xeito cíclico que constitúe o ciclo hidrolóxico.

  • Biosfera: É a capa máis extensa da codia terrestre. Está composta por tódolos seres vivos, as súas relacións e o medio que os rodea, polo tanto inclúe tamén a auga, a terra e o aire. Máis ou menos esténdese dende as profundidades dos océanos ata uns 10 km por enriba do nivel do mar.

  • Xeosfera: Parte sólida da Terra. Parte desta está baixo os océanos formando os fondos mariños e parte emerxe formando os continentes e as illas. Está formada por tres partes:

    • Codia: Parte máis externa, composta por materiais sólidos e é máis grosa nos continentes que nos fondos mariños.

    • Manto: Capa intermedia. A súa temperatura é máis elevada que a da codia. Nalgunhas zonas do manto atópanse rocas fundidas que reciben o nome de magma.

    • Núcleo: Capa interna. Componse de ferro e outros metais. Ten unha temperatura moi alta. Divídese a súa vez en núcleo interno e externo

  • Atmosfera: É a parte gaseosa da Terra, sendo así a parte máis externa e menos densa do planeta. Está constituída por un conxunto de gases (principalmente osíxeno, nitróxeno, argon, dióxido de carbono e vapor de auga) que comunmente recibe o nome de aire. Protexe a vida sobre a Terra absorbendo da radiación solar ultra violeta na capa de ozono. Ademais fai de escudo contra os meteoritos, que se desintegran nela. As súas partes son a troposfera, a estratosfera, a mesosfera, a termosfera e a exosfera (que, como xa dixen ao comenzo, pode ser a zona de tránsito entre a atmosfera e o espazo, ou non).


Relacións entre subsistemas:

  • A biosfera non podería completar os seus ciclos sen a intervención da atmosfera. Xa que esta protexe dos raios do sol, regula a temperatura e ten un  importante papel no ciclo da auga.

  • Os seres vivos da biosfera, mediante a fotosíntese e a respiración, intercambian constantemente gases ca atmosfera.

  • As plantas (biosfera) absorben auga e minerais do chan (xeosfera e hidrosfera), co que xunto co CO2 e a enerxía solar, producen o material co que se alimentan. Os restos dos animais e plantas serán descompostos e devoltos de novo ao chan.

  • No ciclo da auga esta é pasada continuamente entre a hidrosfera e a atmosfera mediante a evaporación e as precipitacións.

  • A hidrosfera ten un importante papel sobre a xeosfera, modificando o relevo. Isto ocorre mediante a erosión por mor das precipitacións, do paso de ríos ou outras correntes, das olas, etc.

  • Parte da enerxía interna da xeosfera é liberada ao exterior nas erupcións volcánicas, que expulsan materia á codia e vapor de auga e gases á atmosfera. Así se formou a atmosfera primitiva nas primeiras fases do planeta.

  • O máximo grao de relacións dáse entre a biosfera e os demais subsistemas, xa que esta integra aos outros, pois os seres vivos precisan da interacción deles, do aire, do solo, da auga...

  • A atmosfera regula a enerxía procedente do Sol e a temperatura do planeta, senón a superficie (xeosfera) deste quentaríase en exceso, tampouco sería posible a vida na Terra (biosfera) e modificaría por completo o estado no que se pode atopar a auga (hidrosfera).

  • A hidrosfera tamén ten un papel moi importante na regulación da temperatura grazas ao elevado calor específico da auga, as correntes mariñas e a que se reflicten as radiacións solares no xeo. Influíndo dun xeito parecido á atmosfera no caso anterior.


En definitiva, son moitas as relacións que se establecen entre cada un dos subsistemas, pero todas son precisas para que a Terra poida funcionar correctamente como sistema.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cuestionario U4: A xeosfera (2ª parte)

 1. A enerxía xeotérmica é aquela que se obtén do calor interno da Terra, pódese obter das rocas ou de auga hidrotermal. Actualmente en Espa...