martes, 10 de novembro de 2020

Actividade 4: U1. O sistema Terra

 1. Para investigar algún problema aplicamos o procedemento para elaborar mdelos. Este consistiría na observación da realidade, a partir disto plantexamos unha hipótese que nos poda axudar a resolvelo, tendo en conta os límites do sistema, as distintas variables que poden influír e que podemos modificar para obter un resultado, as relacións causais... Unha vez que a temos plantexada diseñamos o modelo cun diagrama causal e por último verificamos este modelo. Se non se verifica repetiriamos os pasos ata chegar a unha conclusión acertada. 

2. GPS significa Sistema de Posicionamento Global. É un sistema de navegación por satélite composto por unha rede de 24 satélites colocados en órbita polo Departamento de Defensa de Estados Unidos. Orixinalmente estaba destinado a aplicacións militares máis na década de 1980 o goberno fixo que estivera dispoñible para uso civil. Os satélites do GPS rodean a terra dúas veces ao día, facendo unha órbita moi exacta e transmiten a información da sinal á terra. Os receptores GPS empregan esta información e dan ca posición exacta do usuario mediante triangulación. Isto fano comparando o tempo no que unha sinal foi emitida co que tarda en ser recibida, así sabe a distancia do satélite. Con algunhas medicións máis doutros satélites pode dar ca ubicación exacta e mostrala no mapa. É unha ferramenta que se pode usar en calquera parte do mundo, a calquera hora e de forma gratuíta. O GPS europeo (26 satélites artificiais que conforman a constelación Galileo) contrólase dende a sala Tres Cantos na empresa GMV (Madrid). 

3. A teledetección é a tecnoloxía que permite saber información da superficie terrestre sen manter contacto con ela, só mediante sensores localizados nas plataformas espaciais. Ten diversos usos, como poden ser:

  • Estudo da erosión de praias e areais.
  • Control da acumulación da neve nalgunha zona.
  • Cartografía xeolóxica para a explotación de recursos minerais e petroleiros. 
  • Seguimento do movemento de icebergs en zonas polares.
  • Inventario da auga superficial. 
  • Análise en tempo real de masas nubosas.
  • Control da calidade da auga e contido de algas. 
  • Control das correntes mariñas. 
  • Cartografía de areas queimadas. 
  • Control dos pastizais para os estudos dos efectos da sequía e do exceso de pastoreo. 
  • Predición do rendemento de cultivos e do momento óptimo para as colleitas.

4.  

  • Modelo de caixa negra: Tipo de modelo no que se estuda o que entra e o que sae, descoñecendo o proceso que se levou a cabo. Como pode ser nun ecosistema terrestre, no que entra constantemente enerxía lumínica e este produce calor. 

 

  • Modelo de caixa blanca: Este describe detalladamente o proceso que ocorre no interior. Como por exemplo no mesmo ecosistema podemos detallar que que a enerxía é asimilada polos organismos fotosintéticos, quenes a capturan cos cloroplastos. Os organismos productores son capaces de converter materia inorgánica en compostos orgánicos mediante a fotosíntese. Con estes procesos libérase a calor. 

                        

5. Os subsistemas da terra son catro; atmosfera, hidrosfera, xeosfera e biosfera. Os cales a súa vez están compostos por sistemas menores. Da atmosfera o poden ser as súas diferentes partes: troposfera, estratosfera, mesosfera e exósfera. Da biosfera o son os diferentes ecosistemas. A hidrosfera a compoñen os mares, océanos, ríos... Os da xeosfera son as cortezas, o manto e o núcleo. 

6. Relacións entre os subsistemas:


     








7.

  • Recurso natural: É cada ben e servicio que surxe de maneira natural da natureza sen a intervención do ser humano. Son de vital importancia para obter alimento e enerxía, para o desarrollo e, en xeral, para a nosa subsistencia. Poden ser esgotables ou renovables. 
  • Impacto ambiental: É o efecto causado pola actividade humana sobre o medio ambiente. A ecoloxía encárgase de medir dito impacto e trata de minimizalo. 
  • Risco: É unha medida da magnitude dos danos fronte a unha situación peligrosa.

8. Podemos clasificar os recursos naturais de distintos xeitos: 

1.Segundo a súa duración:
    1.1 Renovables: Non se esgotan ca súa utilización xa que se renovan. Ex: auga,     sol...
    1.2 Non renovables: Ou combustibles fósiles, son unha reserva de enerxía            resultado de millóns de anos de descomposición e almacenamento de vexetais        e animais. Ex: petróleo, carbón... 
2.  Segundo a súa orixe: 
    2.1 Orgánicos: Derivan de axentes biolóxicos.
    2.2 Inorgánicos: Non derivan de axentes biolóxicos. Ex: Solos, auga, minerais...
3.Según a súa natureza: 
    3.1 Hídricos: Todos os recursos que comprenden os corpos de auga no mundo.     Ex: mares, océanos, lagos...
    3.2 Biolóxicos: Todos os seres orgánicos que poden ser aproveitables polo            home.
    3.3 Minerais: son os máis abundantes, son todos os minerais metálicos e non         metálicos. Ex: ouro, petróleo, carbón...

9. A Hipótese Gaia é unha teoría que plantea que todos os organismos que poboan a Terra, así como os seus entornos inorgánicos conforman unha unidade que modifica a súa composición interna para asegurar a súa supervivencia. Polo tanto o que propón é que dadas unhas condicións que fixeron posibles a aparición da vida no planeta, despois foi a propia vida quen as foi modificando. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cuestionario U4: A xeosfera (2ª parte)

 1. A enerxía xeotérmica é aquela que se obtén do calor interno da Terra, pódese obter das rocas ou de auga hidrotermal. Actualmente en Espa...