mércores, 10 de febreiro de 2021

Cuestionario U3: A hidrosfera (1ªParte)

 1. Os cambios da materia son ocasionados pola acción do frío ou do calor. No ciclo da auga ocorre o mesmo: A evaporación é ocasionada polo aumento de temperatura pasando a auga de líquido a gaseoso. A solidificación é o proceso polo cal a auga líquida se converte en xeo debido ao descenso de temperaturas. A condensación é o paso de gaseoso a líquido cando choca cunha superficie máis fría. A fusión é o proceso mediante o cal o xeo se derrete pasando a líquido polo aumento de temperatura. O que o mantén no tempo son a enerxía do sol (cara arriba) e a gravidade (cara abaixo).

2.

  •  Infiltración: Refírese acción de introducir unha substancia líquida no chan ou algún corpo. No relativo á auga ten que ver co ciclo hidrolóxico. É a penetración da auga nas distintas capas permeables da Terra. A función é evitar as erosións do chan, nutrir as plantas e evitar inundacións na superficie. 
  • Escorrentía: É a auga da chuvia que se despraza por unha superficie, dende zonas máis elevadas ás máis baixas (océanos). Aparece cando o chan non ten capacidade de infiltración para esa cantidade de auga.
  • Evapotranspiración: É a cantidade de auga do chan que volve á atmosfera por causa da evaporación e da transpiración das plantas. 
  • Nivel freático: É un punto de profundidade das augas subterráneas no que a presión de auga é equivalente á atmosférica. 

3. Un acuífero é unha reserva de auga debaixo da superficie terrestre, permiten a circulación da auga a través de gretas e porosidade da súa estrutura.  Están formados por unha ou máis rocas capaces de almacenar auga, augas pluviais infíltranse no chan ata encher os ocos delas. No noroeste do Sáhara atópase un gran acuífero, é un acuífero fósil, esténdese ocupando 1.000.000 km2 baixo os territorios de Argelia, Libia e Túnez, formando o Sistema Acuífero do Sáhara Septentrional. 

 ¿Qué es un acuífero? Definición, tipos y características ...¿Qué es Acuífero? - Su Definición, Concepto y Significado

4. Os humedais son os territorios que presentan augas subterráneas de escasa profundidade ou augas superficiais. Habitúan ser terreos chás que se inundan intermitentemente ou permanentemente, segundo o caso, que están interrelacionados cos seres vivos que os habitan e son regulados polas condicións climáticas. Os pantanos ou as marismas son exemplos de humedais. Teñen unha gran importancia para a supervivencia humana. Albergan unha gran cantidade de biodiversidade que axuda a modular as condicións climáticas e o ciclo hidrolóxico. Son un subministro de auga doce, de alimentos e de materiais de construción, controlan as crecidas e as secas, recargan as augas subterráneas e regulan o carbono atmosférico polo que mitigan o cambio climático.

Servicios ecosistémicos de humedales • Teorema AmbientalMarisma de Santoña #DiaMundialdelosHumedales

5. O calor específico da auga é máis elevado que o das outras substancias, o que quere dicir que para aumentar a súa temperatura precisa dunha gran cantidade de calor, por iso tarda en quentarse. Isto fai que actúe como regulador térmico, xa que cando aumenta a temperatura do planeta as grandes masas de auga absorben e almacenan este calor. Ocorre o mesmo ao arrefriarse, faino amodo, polo que no inverno o arrefriamento gradual da auga quenta o aire. É por iso que nas zonas costeiras os cambios estacionais son menos radicais que nas rexións internas. Ademais este arrefriamento gradual axuda a que as temperaturas nos océanos sexa máis estable, permitindo a vida mariña neles.

6. O upwelling é un movemento de subida das augas frías ao longo da costa, isto fai que tamén suban nutrintes. Ocorre polos efectos dun vento de terra ou dun vento que sopra paralelo ao litoral e que permanece durante certo tempo. O auga da superficie (máis quente) é empuxada cara alta mar, como consecuencia diso descende o nivel do mar na costa. As augas frías das profundidades suben á costa para compensar esa "falta" de auga. Este fenómeno é moi típico nas costas de Galicia e Portugal. 

7. Denomínase cinta transportadora oceánica a unha corrente profunda que recorre todos os espazos acuáticos do planeta. Orixínase no atlántico norte, preto de Noruega. Ahí a auga só se conxela e está composta por elementos doces. A sal sobrante a estas temperaturas ten máis poder de salinizar, o que a fai máis densa, polo que baixa ás profundidades das augas. Estas augas se moven dende o Atlántico ata os océanos índico e pacífico. Distribuíndo así as sales por tódalas augas do mundo. Cando chega as rexións ecuatoriais a corrente vaise quentando pouco a pouco volvendo a subir a superficie.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cuestionario U4: A xeosfera (2ª parte)

 1. A enerxía xeotérmica é aquela que se obtén do calor interno da Terra, pódese obter das rocas ou de auga hidrotermal. Actualmente en Espa...