sábado, 13 de febreiro de 2021

Cuestionario U3: A hidrosfera (2ª parte)

 1. A seca é un período de tempo con un valor de precipitacións menor ao que é normal nese lugar.Considérase seca cando chove menos de 50 ml/cm2.

  • Seca meteorolóxica: Escaseza continuada das precipitacións. Dá lugar aos demais tipos de seca. 
  • Seca hidrolóxica: Diminución da dispoñibilidade de augas superficiais e subterráneas que impide abastecer todas as necesidades.
  • Seca agrícola: Deficiencia da humidade necesaria para un cultivo nunha zona. 
  • Seca socioeconómica: Ocorre cando algún sector económico vese afectado pola escaseza de auga, con consecuencias económicas desfavorables.

2. A desertización e as secas nalgunhas partes do mundo, a pesar da cantidade de auga que existe, son debidas á desigual repartición desta (debida sobre todo á latitude). Nalgunhas zonas as precipitacións e a dispoñibilidade de auga son moito maiores (falando de auga doce). Isto tamén dependerá do número de habitantes que haia nese sitio empregándoa e das actividades que se realicen que a precisen (agricultura, gandería...). 


3. O uso consuntivo, ou sexa con consumo, é aquel no que a auga unha vez usada non se devolve ao medio do que se extraeu ou non se fai do mesmo xeito, polo que non se pode volver a empregar. Por exemplo a auga empregada en gandería , agricultura, industria... Nos usos non consuntivos, sen consumo, a auga empregada devólvese despois ao medio de onde se extraeu, xa que non se gasta e se pode volver a usar. Como no caso da auga que empregamos para para ocio (bañarnos nas piscinas, mares...), como vía de transporte con barcos ou como fonte de enerxía eléctrica en centrais hidroelétricas. 

4. Nas centrais hidroélectricas de embalse a auga procedente dun río é embalsada nunha presa. Logo a auga é conducida por unha zona máis estreita ata unha turbina conectada a un xenerador eléctrico.  A enerxía cinética da auga convértese en enerxía eléctrica e esta é devolta ao río igual que se colleu. Nas centrais de auga fluínte ou de pasada aproveitase a caída natural da auga. Desvían o cauce da auga e diríxeno ata unhas turbinas para aproveitar a súa enerxía, logo a auga é devolta a través dunha canle de desagüe. A vantaxe das de embalse fronte as de fluíntes é que ao almacenar a auga pode regulala, por iso se pode seguir empregando durante todo o ano aínda que haia secas. en cambio nas de fluínte isto é unha desvantaxe, pois cando hai un exceso de caudal a auga pérdese porque reboza e cando hai secas é difícil producir enerxía con este método. O inconveniente das de fluínte é que producen pouca enerxía, ao contrario das de embalse. As vantaxes en xeral son que son limpas, xa que non xeran contaminantes. Polo tanto tamén é segura xa que non xera residuos tóxicos. As desvantaxes son que provocan un impacto no medio ambiente xa que a construción destas centrais xera cambios nalgúns ecosistemas. Pode verse afectada polas secas e o seu custo inicial é elevado. 


5. Algunhas enfermidades relacionadas ca contaminación da auga son: 

  • Diarrea: Provoca a perda de líquido e electrolitos, o que supón deshidratación que pode levar á morte.
  • Disentería: Provocada por bacterias, causa diarrea.
  • Cólera: Infección bacteriana aguda do intestino que provoca diarrea e vómitos, polo que tamén pode causar deshidratación aguda e a morte. 
  • Paludismo: Enfermidade provocada por un parasito transmitido por mosquitos que habitan en zonas de auga estancada ou con pouca calidade. 
  • Esquistosomiasis: É causada por parasitos que penetran a pel das persoas que se lavan en fontes de auga contaminada, provocando infeccións que danan o fígado, os intestinos, os pulmóns e a vexiga, entre outros órganos. 
  • Tifus: Provocada por bacterias, causa febre, diarrea, vómitos, e inflamación do bazo e do intestino. 
  • Febre tifoidea: Provoca dor de cabeza, náuseas, perda do apetito...
Aínda que hai moitas máis como anemia, dengue, polio, tinea, malaria, toxinas cianobacteriais, hepatitis e un longo etcétera. 

6. A autodepuración é un proceso natural mediante o cal as masas de auga eliminan a materia extraña e restablecen o equilibrio. Isto dependerá do caudal do río, que permite diluir o vertido e facilitar a súa posterior degradación, da turbulencia da auga, que aportará osíxeno ao medio favorecendo a actividade microbiana, sobretodo de bacterias aerobias que consumen materia orgánica con axuda do osíxeno disolto na auga e da natureza e tamaño do vertido. Esta autodepuración tamén se produce grazas á actividade fotosintética dalgúns vexetais que degradan os compostos contaminantes. 


7. A eutrofización é o proceso que consiste no enriquecemento da auga con nutrintes, a un ritmo que non pode ser compensado pola mineralización, de xeito que a descomposición do exceso de materia orgánica produce unha diminución do osíxeno nas augas profundas. Ocorre principalmente en augas estancadas.

Os climas cálidos favorecen o proceso e as masas de auga pouco profundas son máis propicias a isto. Tamén inflúe o relevo, nas zonas con poucas árbores que suxeten o solo e con abundantes precipitacións é máis probable a erosión e que esta arrastre os nutrientes ata a auga. Tamén pode ocorrer pola descomposición e excreción de organismos ou por causas artificiais como o vertido de residuos industriais, agrícolas ou urbanos, polo exceso do emprego de fertilizantes, polo uso de deterxentes con grandes cantidades de fósforo ou se chegan as augas residuais de granxas ou dos sistemas de alcantarillado. Cando algo de isto ocorre favorécese o crecemento excesivo de materia orgánica, algas e outras plantas acuáticas que cobren a superficie. Isto enturbia a auga, que impide que a luz penetre ata o fondo. Polo que a vexetación do fondo non pode realizar a fotosíntese e morre, xerando que outros microorganismos como bacterias se alimenten da materia morta, consumindo o osíxeno que precisarían os peixes e moluscos, e á vez xera a aparición de algas tóxicas e microorganismos patóxenos.

En resume, as masas de augas eutróficas teñen un alto nivel de productividade e de biomasa en todos os niveis tróficos, proliferan as algas, hai un crecemento intenso das plantas acuáticas e a auga profunda é pobre en osíxeno, tendo consecuencias moi graves para o ecosistema. 











mércores, 10 de febreiro de 2021

Cuestionario U3: A hidrosfera (1ªParte)

 1. Os cambios da materia son ocasionados pola acción do frío ou do calor. No ciclo da auga ocorre o mesmo: A evaporación é ocasionada polo aumento de temperatura pasando a auga de líquido a gaseoso. A solidificación é o proceso polo cal a auga líquida se converte en xeo debido ao descenso de temperaturas. A condensación é o paso de gaseoso a líquido cando choca cunha superficie máis fría. A fusión é o proceso mediante o cal o xeo se derrete pasando a líquido polo aumento de temperatura. O que o mantén no tempo son a enerxía do sol (cara arriba) e a gravidade (cara abaixo).

2.

  •  Infiltración: Refírese acción de introducir unha substancia líquida no chan ou algún corpo. No relativo á auga ten que ver co ciclo hidrolóxico. É a penetración da auga nas distintas capas permeables da Terra. A función é evitar as erosións do chan, nutrir as plantas e evitar inundacións na superficie. 
  • Escorrentía: É a auga da chuvia que se despraza por unha superficie, dende zonas máis elevadas ás máis baixas (océanos). Aparece cando o chan non ten capacidade de infiltración para esa cantidade de auga.
  • Evapotranspiración: É a cantidade de auga do chan que volve á atmosfera por causa da evaporación e da transpiración das plantas. 
  • Nivel freático: É un punto de profundidade das augas subterráneas no que a presión de auga é equivalente á atmosférica. 

3. Un acuífero é unha reserva de auga debaixo da superficie terrestre, permiten a circulación da auga a través de gretas e porosidade da súa estrutura.  Están formados por unha ou máis rocas capaces de almacenar auga, augas pluviais infíltranse no chan ata encher os ocos delas. No noroeste do Sáhara atópase un gran acuífero, é un acuífero fósil, esténdese ocupando 1.000.000 km2 baixo os territorios de Argelia, Libia e Túnez, formando o Sistema Acuífero do Sáhara Septentrional. 

 ¿Qué es un acuífero? Definición, tipos y características ...¿Qué es Acuífero? - Su Definición, Concepto y Significado

4. Os humedais son os territorios que presentan augas subterráneas de escasa profundidade ou augas superficiais. Habitúan ser terreos chás que se inundan intermitentemente ou permanentemente, segundo o caso, que están interrelacionados cos seres vivos que os habitan e son regulados polas condicións climáticas. Os pantanos ou as marismas son exemplos de humedais. Teñen unha gran importancia para a supervivencia humana. Albergan unha gran cantidade de biodiversidade que axuda a modular as condicións climáticas e o ciclo hidrolóxico. Son un subministro de auga doce, de alimentos e de materiais de construción, controlan as crecidas e as secas, recargan as augas subterráneas e regulan o carbono atmosférico polo que mitigan o cambio climático.

Servicios ecosistémicos de humedales • Teorema AmbientalMarisma de Santoña #DiaMundialdelosHumedales

5. O calor específico da auga é máis elevado que o das outras substancias, o que quere dicir que para aumentar a súa temperatura precisa dunha gran cantidade de calor, por iso tarda en quentarse. Isto fai que actúe como regulador térmico, xa que cando aumenta a temperatura do planeta as grandes masas de auga absorben e almacenan este calor. Ocorre o mesmo ao arrefriarse, faino amodo, polo que no inverno o arrefriamento gradual da auga quenta o aire. É por iso que nas zonas costeiras os cambios estacionais son menos radicais que nas rexións internas. Ademais este arrefriamento gradual axuda a que as temperaturas nos océanos sexa máis estable, permitindo a vida mariña neles.

6. O upwelling é un movemento de subida das augas frías ao longo da costa, isto fai que tamén suban nutrintes. Ocorre polos efectos dun vento de terra ou dun vento que sopra paralelo ao litoral e que permanece durante certo tempo. O auga da superficie (máis quente) é empuxada cara alta mar, como consecuencia diso descende o nivel do mar na costa. As augas frías das profundidades suben á costa para compensar esa "falta" de auga. Este fenómeno é moi típico nas costas de Galicia e Portugal. 

7. Denomínase cinta transportadora oceánica a unha corrente profunda que recorre todos os espazos acuáticos do planeta. Orixínase no atlántico norte, preto de Noruega. Ahí a auga só se conxela e está composta por elementos doces. A sal sobrante a estas temperaturas ten máis poder de salinizar, o que a fai máis densa, polo que baixa ás profundidades das augas. Estas augas se moven dende o Atlántico ata os océanos índico e pacífico. Distribuíndo así as sales por tódalas augas do mundo. Cando chega as rexións ecuatoriais a corrente vaise quentando pouco a pouco volvendo a subir a superficie.

Cuestionario U4: A xeosfera (2ª parte)

 1. A enerxía xeotérmica é aquela que se obtén do calor interno da Terra, pódese obter das rocas ou de auga hidrotermal. Actualmente en Espa...