𝔼ℕ𝔼ℝ𝕏Í𝔸
𝕊𝕆𝕃𝔸ℝ 𝔼 𝔼Ó𝕃𝕀ℂ𝔸 𝔼ℕ 𝔾𝔸𝕃𝕀ℂ𝕀𝔸
Galicia
está apostando polas enerxías renovables, alcanzando o 63% de
electricidade xerada a través delas. No último ano rexistrou 7,1
millóns de Mwh procedentes de fontes naturais e limpas, dun total de
11,2 millóns de Mwh producidos. Segundo
o último informe realizado pola Rede Eléctrica de España, Galicia
se atopa na segunda posición de maior participación de produción
renovable fronte ao total xerado polo país, con un 16,6%. Ademais
compón o 13,9% da potencia renovable xerada sobre o total da
produción, manténdose de novo como a segunda comunidade con maior
porcentaxe.
Enerxía
solar:
A
enerxía
solar é unha enerxía renovable obtida a partir da radiación
electromagnética do sol. É renovable porque se obtén
dunha fonte natural e inesgotable.
Pódese
captar a través de células fotoeléctricas (conforman os paneis
fotovoltaicos), helióstatos (espellos
con movemento rotatorio que dirixen os raios cara una determinada
dirección)
ou colectores solares. Que posteriormente a transforman en enerxía
solar térmica (a través da temperatura) ou enerxía solar
fotovoltaica (a través da luz).
As
enerxías renovables están crecendo considerablemente, especialmente
a
enerxía solar fotovoltaica. Tras a eliminación de obstáculos á
enerxía solar que levou a cabo o Ministerio para a Transición
Ecolóxica poderase autoconsumir enerxía por parte dos particulares
nos seus fogares. Ademais
da derogación do “imposto do sol” que se lle impoñía aos
consumidores da enerxía xerada e consumida na súa propia
instalación.
Galicia
conta con, aproximadamente, 87 instalacións para autoconsumo
fotovoltaico, situándose como a terceira comunidade autónoma con
maior número de placas solares instaladas, despois de Cataluña e
Andalucía. Isto, xunto ca baixada permanente de custos no sector
fotovoltaico, permite que o emprego de placas solares estea ao
alcance de todos.
Co
fin de fomentar as enerxías renovables e, principalmente a enerxía
solar fotovoltaica, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega)
estableceu unha serie de subvencións que poden ser complementarias
con outro tipo de axudas ofrecidas polo Estado ou outras entidades
públicas. As principais funcións do Inega son promover un uso
racional da enerxía, diversificar as fontes enerxéticas e
reducir a dependencia enerxética procedente
do exterior. Estableceu unha bonificación máxima do 50% a
instalacións fotovoltaicas, para subvencionar algúns conceptos como
os paneis solares, o proceso de acondicionamento da enerxía
eléctrica e monitorización, outros accesorios precisos para a
instalación de placas solares e a man de obra.
Os
prezos da instalación dos paneis é diferente segundo a comunidade.
Xa que os custos
varían
segundo a
zona xeográfica aínda que o prezo dos materiais se mantén. O resto
de importes varía en función da enerxía consumida no fogar e a
estrutura,
é dicir, o número de células ou
módulos necesarios.
Nas
diferentes provincias de Galicia o custo pode oscilar entre os 3.300
e os 6.300 euros (de 5 a 15 módulos). É rendible instalalas en
Galicia? Aínda que dispón de menos horas de sol que outras
comunidades españolas segue a ser rendible. Nos días nubrados ou
chuviosos producen do 10% ao 25% da súa capacidade.
A seguinte gráfica mostra o
Período Simple de Retorno da Inversión (en Lugo), é dicir, o
número de anos que se tarda en recuperar a inversión realizada na
instalación das placas. Neste caso tómanse uns valores anuais en
torno aos 4.160 kWh e analízanse tres casos: Sin bonificación,
bonificación do IBI do 50% durante 5 anos e bonificación do IBI do
25% durante 5 anos.
Polo tanto, sin bonificación
tardaríase 11 anos en recuperar a inversión, ca bonificación do
25% seis anos e nove meses e ca bonificación do 50% en cinco anos e
seis meses.
Enerxía eólica:
A
enerxía eólica é un tipo de enerxía renovable que funciona grazas
ao vento. A situación
xeográfica de Galicia fai que estea en contacto directo co Océano
Atlántico e polo tanto é un dos puntos da península onde as
borrascas atlánticas golpean con máis forza. En
inverno os ventos son de dirección suroeste, enerxéticos e suaves e
no verán son suaves de dirección noroeste. Pola
súa posición estratéxica converteuse nunha zona óptima para a
instalación de parques eólicos.
Galicia
conta con 158 parques eólicos (máis
de 4.000 aeroxeneradores),
o que a converte na segunda comunidade española cun maior número
deles. Producindo así o 14,43% da produción total de enerxía
eólica. As zonas cun maior número de parques eólicos (ventos máis
enerxéticos) sitúanse no norte e a
Terra Cha de Lugo, Costa da Morte, Deza, os límites de Ourense con
Pontevedra e o sur de Ourense. No
ano 2013 a facturación destes parques chegou a superar os 700
millóns de euros.
Nos
últimos anos a construción de parques na comunidade galega diminuíu
significativamente debido a dúas razóns. A primeira é que a
superficie é inferior que noutras comunidades, polo que os parques
eólicos máis produtivos xa se están construídos nos mellores
sitios. O segundo é un
motivo económico lexislativo. Debido a crise do 2008 e a “Moratoria
das Enerxías Renovables”, que creou inseguridade
cara esta inversión.